O FOP, no que está integrado o CPXG, pide a inmediata liberación de Marc Marginedas

O Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP), no que está integrado o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, reclama a inmediata liberación do enviado especial de El Periódico de Catalunya a Siria Marc Marginedas.
Tamén expresa o seu total apoio e solidariedade á súa familia e a todos os traballadores que compoñen o persoal do diario.

A pronta liberdade de Marc, veterano corresponsal de guerra e un experto no conflito de Siria, incúmbenos a todos, xa que o traballo xornalístico destes compañeiros é esencial para dar a coñecer a realidade do que está sucedendo no terreo -o sufrimento das poboacións afectadas, as violacións dos dereitos humanos, o uso de armas químicas, etc.- fronte á información interesada que tantas veces ofrecen as partes en conflito.

O FOP representa a máis de 15.000 asociados ou afiliados aos colexios de xornalistas (Col·legi de Periodistes de Catalunya e Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), organizacións sindicais (Agrupación de Xornalistas de UGT, CCOO e Federación de Sindicatos de Xornalistas -FeSP-, Sindicat de la Imatge UPIFC), e a Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e Televisión. Por acordo adoptado o pasado xaneiro a secretaría do Foro no presente exercicio tena encomendada a Agrupación de Xornalistas de UGT (AGP-UGT).

FOP