O Foro de Xornalistas pide ao presidente da Corporación que inicie unha investigación sobre a suposta existencia de listas ideolóxicas en RTVE

O Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP) considera inaceptable nunha sociedade democrática o documento sobre os perfís ideolóxicos e sindicais de xornalistas do Consello de Informativos de TVE.
Este documento supuxo a dimisión da directora de programas dos servizos informativos da televisión pública estatal.

O FOP pide ao Presidente da Corporación RTVE, Leopoldo González-Echenique, que se inicie unha investigación para aclarar si é práctica habitual este tipo de informes, se foi realizado por iniciativa da xa ex directora de programas ou foi a petición dalgunha outra persoa con responsabilidades dentro da Corporación.

O FOP manifesta o seu apoio aos Consellos de Informativos de RTVE -TVE, RNE e Interactivos- e quere resaltar o importante labor que realizan este tipo de organismos que son elixidos democráticamente e que defenden a pluralidade e independencia dos contidos xornalísticos que emite RTVE.

O FOP aglutina aos colexios de xornalistas (Col·legi de Periodistes de Catalunya, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), organizacións sindicais (Agrupación de Xornalistas de UGT, CC OO e Federación de Sindicatos de Xornalistas -FeSP, Sindicat de la Imatge-UPIFC), e Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e Televisión. Por acordo adoptado o pasado xaneiro a secretaría do Foro no presente exercicio tena encomendada a Agrupación de Xornalistas de UGT (AGP-UGT).