O Foro de Xornalistas reclama que a Lei de Transparencia garanta de "forma real" o acceso á información

O FOP enviou unha carta aos portavoces e deputados da Comisión Constitucional do Congreso na que reclama que a Lei de Transparencia garanta de forma real e efectiva o acceso dos profesionais dos medios de comunicación á información sobre a xestión dos fondos públicos.
Na misiva o FOP denuncia as dificultades ás que cada día teñen que enfrontarse os xornalistas para desenvolver o seu traballo.

O trámite parlamentario do Anteproxecto da Lei de Transparencia, estase desenvolvendo á vez que aumentaron as trabas aos xornalistas para o exercicio do seu traballo. Estas trabas constitúen, a xuízo do FOP, unha grave merma da calidade da democracia no noso país. Non é concebible unha sociedade democrática na que se escamotee aos cidadáns a información sobre o uso dos fondos públicos, fondos que existen e constituíronse mercé ás achegas deses cidadáns.

O FOP considera por iso que na tramitación da lei deberían incluírse polo menos cinco melloras:

1º-Máis extensa: A contía, o uso e xestión que fan do diñeiro público todas as organizacións que o perciban debe ser accesible aos xornalistas de xeito real e efectiva.

2º-Prazo de acceso: O anteproxecto de lei establece un prazo dun mes para que a administración responda á demanda de información. É un prazo excesivamente longo e, en liña coas leis de transparencia que hai noutros países, debería acurtarse polo menos á metade: quince días. Para o FOP debe esixirse, ademais, que cando se denegue o acceso á información, esta negativa estea fundamentada e motivada.

3º-Silencio administrativo: a non resposta da administración por silencio administrativo debe ter un sentido positivo. É dicir, a non resposta da administración aos datos solicitados implicará o acceso automático aos mesmos. Só deberían ser válidas as respostas negativas que estean debidamente fundamentadas.

O FOP é a única organización que aglutina todos os colectivos dos medios de comunicación, representa a máis de 15.000 asociados ou afiliados aos colexios de xornalistas (Col·legi de Periodistes de Catalunya, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), organizacións sindicais (Agrupación de Xornalistas de UGT, CC OO e Federación de Sindicatos de Xornalistas -FeSP, Sindicat de la Imatge-UPIFC), e Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e Televisión. Por acordo adoptado o pasado xaneiro a secretaría do Foro no presente exercicio tena encomendada a Agrupación de Xornalistas de UGT (AGP-UGT).

FOP