Érika Reija recibe este sábado en Ferrol o XVIII Premio José Couso 

  • Érika Reija (Foto: Iván Makarov)
  • 'Ás ceibes', de Manuel Patinha, imaxe do Premio Couso

Este sábado 28 de maio entrégase en Ferrol o XVIII Premio Couso de Liberdade de Prensa a Érika Reija López. O premio está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, e os actos poderán seguirse tamén por streaming

Os actos de celebración serán os seguintes:

11:00 horas. Recepción por parte do alcalde e corporación municipal e a sinatura no libro de honra da cidade, no Patio do Centro Torrente Ballester (Rúa Concepción Arenal, s/n).  (SÓ MEDIOS GRÁFICOS)

12.00 horas. Encontro coa premiada, Érika Reija, presentado pola xornalista Patricia Hermida, na Capela do Centro Torrente Ballester (Rúa Concepción Arenal, s/n). 

13.00 horas. Entrega do premio, na Capela do Centro Torrente Ballester.

13.45 horas. Ofrenda na estatua 'Ás Ceibes', do escultor Manuel Patinha, no Cantón de Molíns.

Para todas aquelas persoas interesadas que non poidan desprazarse até Ferrol, os actos realizados no Centro Torrente Ballester serán retransmitidos en streaming a través deste enderezo.

CPXG