Os xornalistas e fotorreporteros reclaman ao PP que cumpra a súa palabra e acepte emendar o proxecto de reforma da LPI

A Plataforma polos Dereitos de Autor dos Xornalistas, na que está integrado o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, lamenta que, unha vez máis, o Partido Popular (PP) rexeitase, agora no Senado, as emendas da oposición ao proxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual (LPI), a pesar de que varios dirixentes e membros do Executivo mostraran en público a súa conformidade con algunhas, ...
... e non contemple finalmente incluír aos xornalistas e aos fotorreporteros como titulares dos dereitos que recoñece aos editores a percibir unha remuneración pola utilización polos agregadores de fragmentos non significativos dos contidos.

Esta Plataforma -integrada pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), o Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP) e os Colexios Profesionais de Xornalistas de Andalucía, Castela e León, Murcia, País Vasco e A Rioxa- pide ao PP que rectifique antes do Pleno da Cámara Alta da semana próxima, acepte emendas transaccionais e inclúa este recoñecemento, como autores da noticia que son xornalistas e fotoperiodistas, entendendo que se trata do mesmo dereito ?irrenunciable? a unha compensación económica polo uso dos seus contidos por parte dos agregadores que terán os editores unha vez que a lei entre en vigor.

Se o Grupo Popular do Senado non dá un xiro á súa formulación, sería de lamentar que se elaborou unha lei sen ter en conta o sentir do sector -en xeral de toda a cultura en España-, xa que o texto segue sen ofrecer solucións a temas moi relevantes como a compensación por copia privada, o canon dixital, a pirataría, o equilibrio e o respecto aos dereitos de autor e dos usuarios e ás percepcións económicas dos traballadores e industrias da cultura no noso país.

Hai que lembrar que o recoñecemento dos xornalistas como autores está recollida de maneira explícita na comunicación da Comisión Europea para ?Un mercado único para os dereitos de propiedade intelectual", de 24 de maio de 2011.

Novamente, o PP rexeitou coa súa maioría unha das emendas do PSOE -apoiada por esta Plataforma, cuxas reivindicacións contan co respaldo da Federación Internacional de Xornalistas (FIP) e da Federación Europea de Xornalistas (FEP), organizacións que solicitaron que a lei recoñeza este dereito dos xornalistas e fotógrafos- e esqueceuse dos profesionais dun sector moi gravemente debilitado polo desemprego e a precariedade no traballo, con remuneracións ás veces até humillantes. Aínda queda tempo ao Grupo Popular para poder rectificar.

PLATAFORMA POLOS DEREITOS DE AUTOR DOS XORNALISTAS