RSF recolle doazóns para axudar na protección de xornalistas de guerra en Ucraína

Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), entidade coa que colabora o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, mantén aberta unha campaña de captación de fondos para fornecer aos xornalistas que cubren o conflito de Ucraína con material de protección, así como outro tipo de cobertura para a súa seguridade. A iniciativa súmase a outras accións de RSF para a protección dos xornalistas en todo o mundo.

No cadro da guerra de Ucraína, Reporteiros Sen Fronteiras ten en marcha unha campaña de doazóns para ofrecer material de protección completo (cascos e chalecos antibalas) e cobertura nas reportaxes para xornalistas que están a cubrir o conflito bélico. Oito traballadores dos medios foron asasinados no país desde a invasión rusa en febreiro deste ano, e un total de quince desde o comezo da guerra do Donbás en 2014. Reporteiros Sen Fronteiras mantén tamén actividades de protección a comunicadores en perigo noutros países do mundo, especialmente en México e Afganistán. 

Pódense realizar doazóns a través da súa páxina web ou no número de conta ES7300491803532110324259. Ademais, desde o ano 2020 as doazóns de personas físicas a Reporteiros Sen Fronteiras gozan dunha dedución fiscal no IRPF del 80% nos primeiros 150 euros de achega, e dun 35% a partir desa cantidade.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia mantén unha estreita colaboración con Reporteiros Sen Fronteiras desde hai anos e na actualidade realiza labores de apoio ao acollemento de Mohammad Ali Pakdel, xornalista afgán refuxiado en Galicia tras a toma do país polos talibáns.

CPXG