Un xuíz ordena a un periódico que deixe de denunciar un presunto caso de corrupción

O Xuíz Segundo Penal do Circuíto de Barranquilla, Hernando Estrada Peña, prohibiulle ó periódico da rexión de Barranquilla, El Heraldo, publicar información sobre un suposto caso de corrupción en que estaría envolvida a empresa Métodos y Sistemas.
Segundo a denuncia feita por El Heraldo e a organización civil Protransparencia, Métodos y Sistemas sostería vínculos con grupos paramilitares e desviaría recursos públicos para financiar a campaña electoral do alcalde da cidade, Guillermo Hoenigsberg Bornacelly.

O maxistrado Estrada Peña ditou unha medida cautelar que ampara á citada empresa.

A Fundación para a Liberdade de Prensa (FLIP) pronunciouse en contra desta coacción á liberdade de expresión.

COLOMBIA
PERIODISTAS-ES / FELATRACS