Nada é verdade nin é mentira? A verificación das noticias na era das fake news

O Centro UNED de Ourense organiza os días 11 e 12 de maio o Curso de Extensión Universitaria Nada é verdade nin é mentira? A verificación das noticias na era das fake news, que ten prezo reducido para as colexiadas e os colexiados do CPXG.

O curso vai realizarse en horario das 18.30 ás 21:00 horas o mércores 11 e  xoves 12 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rúa do Progreso, 30). Pódese participar con asistencia presencial ou asistencia online en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

O curso vai ocuparse de analizar o fenómeno das chamadas "fake news" desde o punto de vista máis práctico da actividade xornalística, e tamén desde o filosófico. Ademais, estudiarase a influencia das novas tecnoloxías, como as plataformas dixitais e as redes sociais, na proliferación de "fake news".

Como ponentes van participar Carlos Elías Pérez, catedrático de xornalismo de la Universidad Carlos III de Madrid e catedrático Jean Monnet de “UE, desinformación e fake news”; Alejandro Fernández-Roldán Díaz, investigador predoutoral na UNED e graduado en Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid; Uxía Carral Vilar, doctoranda e docente no Departamento de Comunicación da Universidade Carlos III de Madrid e investigadora da Cátedra Jean Monnet “EU, Disinformation & Fake news”; e Jesús Zamora Bonilla, catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia na facultade de Filosofía da UNED.

O custo da matrícula é de 20 euros, cun prezo reducido de 15 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso forma parte das actividades do 50 aniversario da UNED.

Máis información e formulario de matrícula aquí.

CPXG