Ampliado até o 31 de maio o prazo para presentarse ao IV Premio Somos Esenciais
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia amplía até o venres 31 de maio o prazo para optar aos 1.500 euros da cuarta edición do premio 'Somos Esenciais', que convoca en colaboración con Gadis. O galardón recoñece traballos xornalísticos de temática social emitidos ou publicados en Galicia no 2023. Até as 14:00 horas dese día poden presentarse as candidaturas.