O mércores 22 remata o prazo para inscribirse no webinar sobre o tratamento da violencia sexual con Isabel Menéndez
Ata o mércores 22 está aberto o prazo para apuntarse ao webinar De Ana Orantes a Diana Quer e mentres tanto A manada, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e impartido por Isabel Menéndez, que se realizará o 25 de marzo, en horario das 11.00 ás 13:00 horas, a través da plataforma de formación online. Tamén continúa aberta a inscrición nos webinars sobre tratamento do suicidio (22 de abril, con Gabriel González) e información relativa a menores (3 de xuño, con Elena López) e a posibilidade de asistir aos tres con prezo reducido.